El peregrino y otras historias en Compostela, de Emilia Pardo Bazán - Alvarellos Editora
Este volume reúne trece narracións da gran escritora (dez contos, dúas novelas curtas, o inicio dunha novela inconclusa), nas que Santiago de Compostela é escenario, inspiración ou referencia. Nunha edición ao coidado dun dos maiores expertos na obra de Pardo Bazán, José Manuel González Herrán. Algúns dos relatos están baseados en singulares feitos reais, como a historia daquela monxa de clausura que, cando estaba a descolgarse da reixa da súa cela, no muro de San Paio de Antealtares, para fuxir co seu amado, estrelouse nas lousas da Praza da Quintana, ou esa logradísima novela de maxia e bruxería titulada 'Belcebú', ou o conto 'La Cana', todo un pioneiro no xénero policial, ou a historia daquela santa que vivía sin inxerir máis alimento que a comuñón diaria... Este sedutor rescate editorial ábrese cun poema escrito pola autora aos 15 anos, y dedicado, como non, a Compostela.
Tapa dura
205 x 130 mm
356 páginas